aeródromo

aeródromo

(

  1. s m [AERON]

    Zona de terreo provista de edificios e doutras instalacións empregada para o despegue e a aterraxe de aeronaves. Aplicada nun primeiro intre a calquera campo de aviación, trala xeneralización das liñas aéreas emprégase para designar ben aqueles campos que non teñen un tráfico regular, ben as instalacións do aeroporto empregadas para o servizo das aeronaves.

    Ex: Inauguraron as novas instalacións do aeródromo.

  2. aeródromo alternativo [AERON]

    Aeródromo especificado no plano de voo, cara ao que pode proseguir o voo cando non é oportuno aterrar no aeródromo regular previsto inicialmente.

  3. aeródromo flotante [AERON]

    Plataforma flotante constituída por flotadores articulados e cunha alfombra que permite a aterraxe de avións.

  4. aeródromo regular [AERON]

    Aeródromo empregado como escala regular dunha ruta aérea.

  5. aeródromo suplementario/aeródromo de emerxencia [AERON]

    Aeródromo designado pola autoridade competente para ser empregado, por exemplo, cando unha aeronave non pode chegar a un aeródromo regular nin a outro alternativo.