aeroespacial

aeroespacial

(

  1. adx [AERON]

    Relativo ou pertencente á aeronáutica e á astronáutica simultaneamente.

    Ex: Son naves aeroespaciais dedicadas ó estudio da atmosfera.

  2. industria aeroespacial [AERON]

    Conxunto de actividades relativas ao proxecto e á construción de vehículos aéreos e espaciais. Sendo moi diferentes os problemas da aeronáutica dos da astronáutica, ambas tratan esencialmente do movemento de aparellos no espacio, cousa que derivou na formación dunha rama propiamente aeroespacial. Así, as industrias aeroespaciais constrúen mísiles, foguetes lanzadores, satélites, sondas espaciais e outros aparellos.