aerógrafo

aerógrafo

(< aero- + -grafo < gr ἀήρ, ἀέρος ‘ar’ + γράϕω‘escribir’)

  1. s m [TECNOL]

    Aparello que, pola acción do aire comprimido, pulveriza e proxecta líquidos como tinturas, materiais de recubrimento ou sólidos coloreados en po. Emprégase para retoque de fotografías, en decoración, en pintura -onde se chama pistola de pintar-, en plastificación e noutras actividades.

  2. s m [INFORM]

    Ferramenta dispoñible nalgúns programas informáticos de pintura ou tratamento fotográfico que simula o efecto dun aerógrafo. Os bordos que crea son suaves e as cores son translúcidas. Pódese controlar a suavidade dos bordos, o tamaño de modelo de pulverización e o grao de opacidade.