aeronave

aeronave

(< aero- + nave < gr ἀήρ, ἀέρος ‘ar’ + ναῦς, νεώς ‘nauta, mariñeiro’)

s f [AERON]

ehículo que permite a navegación aérea. Superada a etapa en que toda aeronave tiña un carácter deportivo ou experimental, a súa aceptación viuse condicionada polo rendemento económico. Este rendemento mídese segundo o patrón civil ou militar. Ambos demandan eficiencia e economía de operación. Non obstante , no campo civil, as principais características dunha aeronave son: seguridade, velocidade, confort e baixo custo de operación. No campo militar hai que considerar, polo menos, a manobrabilidade, a autonomía e o teito do voo. A partir do Convenio de Aviación Civil de Chicago de 1944, distínguese entre aeronaves do estado (as militares e as destinadas exclusivamente a servicios estatais, como policía, aduanas e correos) e aeronaves privadas ou civís (reguladas polo dereito aéreo). Xuridicamente se consideran un ben moble rexistrable, xa que reúnen as condicións de posibilidade de dominio e de achega dunha utilidade, e normalmente as lexislacións esixen o rexistro ou a matrícula.

Ex: A aeronave saíu da estación de control na madrugada de onte.

Confrontacións

astronave

Citas

  • A aeronave saíu da estación de control na madrugada de onte.