afeitado -da

afeitado -da

(< afeitar)

  1. p reg

    de afeitar.

    Ex: Teño a barba afeitada dende onte.

  2. s m

    Acción e efecto de afeitar.

    Ex: Fixéronlle un afeitado que non lle deixou ningún pelo.

  3. s m [TECNOL]

    Operación de acabado dunha engrenaxe, previa ao temple, que consiste en facela rolar engrenada con outra roda, os flancos da cal teñen un continuo de canais transversais que actúan como os fíos dunha navalla múltiple, sacan material da rebarba e á vez procuran unha calidade superficial semellante á rectificación, pero cun custo sensiblemente inferior.

Palabras veciñas

1 afecto | 2 afecto -ta | afectuoso -sa | afeitado -da | afeitadora | afeitar | afeite