afelpado -da
afelpado -da
(< afelpar)
-
adx
Parecido á felpa polo feito de estar revestida de peluxe.
Ex: É unha fermosa toalla afelpada.
-
pel afelpada
[TÉXT]
Pel arranxada, chamada tamén veludo, que presenta por algún dos seus lados unha felpa formada polas mesmas fibras ca o tecido natural da pel. Cando a felpa se obtén polo lado da carne, o artigo resultante recibe o nome comercial de antílope. Polo outro lado de maior calidade, pódese obter unha felpa moito máis fina, comercialmente denominada nobuc.