aférese
aférese
(< gr ἀϕαίρεσις ‘acto decortar e separar partes dun conxunto’ < ἀϕαίρέω ‘quitar’)
-
s
f
[BIOQ]
Técnica empregada para separar do sangue diversos compoñentes, que logo poden ser procesados con distintas finalidades, como por exemplo a eliminación de substancias tóxicas ou indesexables.
-
s
f
[LING]
Perda dun fonema ou dunha sílaba, ambos átonos, en posición inicial de palabra, a miúdo influída pola presenza habitual doutra palabra anterior, normalmente un artigo, ou pola impresión nos falantes, da existencia desta. Na fala viva vulgar é un fenómeno frecuente.
Ex: tar por estar, maxinar por imaxinar.
-
s
f
[LING]
Figura de dición, usada como licencia poética, que consiste na supresión dunha ou máis sílabas ao comezo dunha palabra.