afillado -da

afillado -da

(< afillar)

  1. p reg

    de afillar.

    Ex: O teu curmán foi afillado por un tío meu o pasado domingo.

  2. s m

    Persoa que na tradición cristiá é apadriñada en relación con outra no bautismo, na confirmación, no matrimonio ou os sacerdotes na confirmación episcopal.

    Ex: Regaloulles ós seus afillados unha rosca de Pascoa.

  3. s m

    Persoa apadriñada en calquera acto público ou académico por outra, polo que pasa a ser protexida desta.

    Ex: Foi nomeado presidente da empresa por ser afillado do señor Manuel.

  4. s m

    Persoa protexida por outra.

    Ex: Durante toda a súa vida, ese rapaz foi o afillado do alcalde da vila.

Palabras veciñas

afiliado -da | afiliar | afiligranado -da | afillado -da | afillar | áfilo -la | afiloforais