afloramento

afloramento

(< aflorar)

  1. s m

    Acción e efecto de aflorar.

    Ex: O afloramento do turismo rural contribuíu ó desenvolvemento da vila.

  2. s m [ECOL]

    emerxencia.

  3. s m [XEOL]
    1. Lugar onde se pode ver o substrato rochoso in situ.

      Ex: Descubríronse aqueles fósiles no afloramento visible logo da erosión do val.

    2. Área na que aparece unha unidade litolóxica particular, sexa visible ou non.

  4. s m [XEOL]

    Área na que unha capa, un filón ou un depósito mineral aparece na superficie do terreo.

Palabras veciñas

aflixido -da | afliximento | aflixir | afloramento | aflorar | afloxístico -ca | afluencia