africado -da

africado -da
adx e s [LING]

Fonema propio dalgunhas linguas que presenta un modo de articulación composto de dous momentos, un de oclusión e outro, subseguinte, de fricación, sendo ambos os dous homorgánicos e formados nun mesmo lugar de articulación ou moi próximos. Segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego e a Gramática Galega (1986) o galego presenta un único fonema deste tipo: /c/, africado prepalatal xordo, grafado como ch (chambón, chave, coche).