Afropithecus

Afropithecus
[PALEONT]

Xénero fósil de homínidos que ten como único representante o Afropithecus turkanensis, definido por Meave e Richard Leakey no ano 1986 a partir duns restos faciais e poscraniais atopados en Kalodirr (Quenia). Segundo Harrinson debería incluírse nunha única superfamilia de catarrinos primitivos do Mioceno superior -Proconsulidae- da que xurdiron os posteriores homínidos. Andrews, pola contra, propón resolver a cuestión da diversificación deses homínidos na tribo Afropithecini. A súa localización na orixe dos homínidos proposta en diversas sistemáticas está en contradición co poscranial, pois indica unha locomoción cuadrúpede.

Palabras veciñas

afrontamento | afrontar | afrontoso -sa | Afropithecus | afrosiderita | Afrotarsius | afrouxamento