Agamemnon
Agamemnon
(< grαγαμεμνον)
Rei lendario de Argos, fillo de Atreo. Foi o xefe do exército grego que asediou Troia (Iliada, de Homero) para vingar o rapto da muller do seu irmán Menelao. Para que os ventos favorecesen as súas naves sacrificou unha filla (Ifixenia a Áulida, de Eurípides). A súa muller, Clitemnestra, tomou o feito como escusa para asasinalo, en complicidade co seu amante Existo, cando volta vitorioso de Troia (Orestíada, de Esquilo). Este conflito ten sido interpretado modernamente como unha metáfora da antiga loita do matriarcado pola súa pervivencia.