Agaricus
Agaricus
[FUNGO]
Xénero de fungos da familia agaricáceas. Teñen cogomelos moi carnosos, con sombreiro branco ou castaño, convexo ou plano e de superficie finamente fibrosa e escamosa con láminas rosas que, cando maduras, se volven negras e cun anel na parte superior do pé. En Galicia son frecuentes: A. arvensis, en prados, con cogomelos de cheiro anisado e carne que se volve amarela ao corte, bo comestible; A. campestris, en prados, con carne branca que vira lixeiramente a rosa ao cortala, excelente comestible; A. silvaticus, fundamentalmente baixo piñeiros, con carne que avermella, comestible; e A. xanthodermus, baixo carballos, con carne tóxica e cheiro desagradable que amarelece.