aglutinación

aglutinación

(

  1. s f

    Acción de aglutinar ou aglutinarse.

    Ex: A aglutinación de palabras dun xeito desordenado crea confusión.

  2. s f [LING]

    Procedemento polo cal dúas ou máis palabras se xuntan para constituír unha soa; combínanse palabras primitivas e forman palabras compostas, nas que, xeralmente, tivo lugar unha variación, máis ou menos acusada, nos compoñentes das novas palabras. Mediante o proceso da aglutinación, as linguas obteñen novas palabras.

  3. s f [MED]

    Aglomeración de determinados corpúsculos en suspensión (microorganismos, eritrocitos, etc) portadores dun antíxeno pola presencia, no líquido da suspensión, do anticorpo específico correspondente. Utilízase como medio diagnóstico para identificar microorganismos e para determinar os antíxenos dos eritrocitos e anticorpos presentes no soro.

  4. aglutinación sanguínea [FISIOL]

    Aglutinación dos eritrocitos como consecuencia da reacción específica dos aglutinóxenos ante as súas correspondentes aglutininas, que provoca a hemólise.

Palabras veciñas

aglucona | aglutición | aglutinable | aglutinación | aglutinador -ra | aglutinante | aglutinar