aglutinina

aglutinina

(< aglutinar)

  1. s f [FISIOL]

    Anticorpo do plasma sanguíneo que actúa ante determinados antíxenos ou fronte ás células que os conteñen (eritrocitos, bacterias, etc) provocando a súa aglutinación. As aglutininas que son constituíntes normais do plasma teñen un importante papel nos mecanismos inmunitarios e de compatibilidade ou incompatibilidade sanguínea entre sangue de individuos diferentes ( grupos sanguíneos). Hai que considerar, tamén, as aglutininas presentes no plasma como consecuencia dun proceso de inmunización.

  2. s f [BIOQ]

    Cada unha das substancias de orixe vexetal que, como a fasina, introducidas no plasma sanguíneo, actúan de anticorpos e aglutinan os eritrocitos.

Palabras veciñas

aglutinante | aglutinar | aglutinativo -va | aglutinina | aglutinóxeno | agmatina | agmatoloxía