Agrupación Socialista de Santiago de Compostela
Agrupación Socialista de Santiago de Compostela
Organización obreira de carácter socialista, fundada en setembro de 1891. Organizaba veladas culturais e as celebracións do Primeiro de Maio e do aniversario da Comuna de París. A Agrupación de Compostela é froito do proceso de expansión do PSOE, sendo a terceira organización deste partido, despois de Ferrol e A Coruña, aparecida en Galicia. Atopou unha boa acollida entre os obreiros da cidade de todos os oficios, polo que constituíu a Federación Local de Trabajadores. Traballou, conxuntamente coas organizacións de Ferrol e A Coruña, cara ao establecemento de núcleos socialistas en Pontevedra, Vigo, Betanzos e Ourense.