Aguado-Álvarez
Aguado-Álvarez
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe oriúnda dos arredores de Bembibre, no Bierzo. Este apelido composto formouse ao entroncaren os Álvarez coa antiga caste dos Aguado. As súas armas levan, en campo de sinople, tres bandas de ouro; bordo cargado de dez pezas: cinco de goles, cunha aspa de ouro e cinco de prata, cun armiño de sable. Por divisa, reza esta lenda: “Soy un perro que royó un hueso, y royéndolo, recibo reposo. Tiempo vendrá, si no es venido, que morderé a quien me ha mordido”.