Águila, El

Águila, El
[PUBLIC]

Revista decenal xurdida o 10 de setembro de 1845, que remata de publicarse o 30 de decembro do mesmo ano. Subtitulouse “Revista marítima y literaria”. Dirixida por Leandro de Saralegui e Fernández, figuraron como redactores: Xoán Antonio Lacaci, Xosé Evaristo de Puzo, Quintín García e Benito Vicetto. Considérase o primeiro xornal editado na cidade e nel incluíanse novas locais, informacións de mariña e literatura.