Aguilar de Campoo, marquesado de

Aguilar de Campoo, marquesado de

Título de Castela concedido polos Reis Católicos no ano 1484 a García Fernández Manrique de Lara. A grandeza de España, unida ao título, foi recoñecida, no ano 1520, ao seu fillo e segundo marqués, Luís. No ano 1662, o título pasou aos Silva e no 1712 aos marqueses de Villena. Despois, recaeu nos duques de Medinasidonia. Actualmente é posesión dos Travesedo.