aguti
aguti
(< tupí aku’ti ‘o que come de pé’)
s
f
[ANIMAL]
Rilladores sudamericanos dos xéneros Dasyprocta e Myoprocta que pertencen á familia dos dasipróctidos. De pelame dourado a vermello, duns 60 cm de longo, de cola e orellas curtas e extremidades longas que lle permiten o salto. Viven nos lindes das selvas alimentándose de raíces e grans. Poden afectar aos cultivos e son domesticados para aproveitar a súa carne na alimentación.