Ahnfeltia
Ahnfeltia
[PROTISTA]
Xénero de algas da clase das rodofíceas. Na costa galega atópase a especie A. plita, que se caracteriza por presentar un talo de ata 20 cm de lonxitude, formado por finos eixos cilíndricos, ríxidos e de cor vermella escura, que se fixa mediante un disco basal nas rochas, e que aparece no litoral ou en cubetas areosas do litoral, cuberta parcialmente de area.