Ahrimān

Ahrimān
[MIT/RELIX]

Espírito do mal na relixión iraniana. O seu nome antigo é Augra Mainyu e, segundo Zaratustra ou Zoroastro, é príncipe dos demos e das tebras, da morte e do engano. A historia do mundo consiste na loita entre Ahrimān, príncipe do mal, e Ahura Mazda ou Ōrmazd, príncipe do ben, quen ha triunfar na fin do mundo. A súa representación é a dun home con cabeza de león, cinguido dunha serpe e con dúas ás, imaxe moi semellante á do demo maniqueo.