Aida

Aida
[MÚS]

Ópera de Giuseppe Verdi, con libreto de Antonio Ghislanzoni sobre un argumento de Camille du Locle. Estreouse no Cairo en 1871. Aida marca unha nova etapa na produción de Verdi pola súa linguaxe lírica e pola maior importancia que lle concede ao papel da orquestra.