akan
akan
-
adx
Relativo ou pertencente aos akans ou á súa lingua.
-
s
Individuo dun grupo étnico akan.
-
s
m
[ETN]
Grupo étnico situado maiormente nas rexións meridionais de Gana e en parte da Costa do Marfil e do Togo.
-
s
m
[LING]
Lingua níxero-congolesa do grupo kwa. Os dialectos máis importantes son o axanti, o fanti e o twi. É a lingua dominante de Gana.