alabarda
(
-
s
f
[AGR]
Cada unha das puntas de millo cando están en flor.
-
s
f
[ARQUEOL/BÉL]
Tipo de arma de pedra tallada e retocada, propia do período Megalítico, de forma triangular e mangada nunha hasta.
-
s
f
[ARQUEOL/BÉL]
Tipo de arma metálica, propia da Idade do Bronce inicial, provista dunha gran punta cun amplo gume cortante e mangada nunha longa hasta. Este tipo de armas aparece representado en varios petroglifos galegos, sendo uns dos máis interesantes o de Auga da Laxe (Gondomar) e o do Castriño de Conxo (Santiago de Compostela).
-
s
f
[HIST/BÉL]
Arma combinada de lanza e de machada. Pode presentar diversas formas: a máis antiga e máis común, duns dous metros de longo, leva baixo a punta unha peza de ferro en forma de media lúa a xeito de machada; no outro costado, outra punta. Tamén hai alabardas con dobre machada. Foi empregada do s XIV ao XVII. A Garda Suíza do Vaticano emprégaa no seu uniforme de gala.
Sinónimos: archa.