Alacant
Alacant
Provincia da Comunitat Valenciana [5.863 km2; 1.379.762 h (1996)]. A súa capital é Alacant. Outras localidades importantes son Alcoi, Benidorm, Crevillente, Elda, Elx e Orihuela. O seu litoral é un dos principais focos de turismo na Península Ibérica e os produtos da súa industria do calzado e do xoguete son moi apreciados nos mercados internacionais. A demarcación provincial ten a súa orixe na prefectura bonapartista establecida en 1810, recuperada polo goberno liberal na división provincial de 1822.