Alamūt
Alamūt
Fortaleza persa. O seu nome significa ‘niño de aguias’. Situada estratexicamente na cordilleira de Alborz, no NL de Qazvĩn. O fundador da seita islámica dos asasinos, Ḥ assan ibn Sabba ḥ al-Razī, converteuna na base das súas expedicións (1090), residindo nela o Dā’ī al-du’āt (o Vello da Montaña), gran mestre do movemento ata que Hūlāgū a asediou e matou o derradeiro deles, Rukn al-Dīn (1256).