albanés -sa
(< Albania)
-
adx
Relativo ou pertencente a Albania, aos seus habitantes ou á súa lingua.
Ex: A lingua albanesa fálana máis de catro millóns de persoas.
-
s
Natural ou habitante de Albania.
Ex: Os refuxiados albaneses chegaron ás costas de Italia.
-
s
[ETN]
Pobo de orixe indoeuropea que habita Albania e diversos núcleos de Iugoslavia (fundamentalmente en Kosova) e Grecia, e forma importantes colonias emigrantes no S de Italia, Turquía e os EE UU. A maior parte da poboación albanesa, preto do 97%, é descendente das antigas tribos ilirias que, mesturadas cos tracios, tamén indoeuropeos, poboaron a península balcánica denantes de gregos e eslavos. O tipo predominante é o dinárico.
-
s
m
[LING]
Lingua da familia indoeuropea, con algo máis de catro millóns de falantes, que se estende pola costa oeste da península balcánica, en Albania e polas áreas limítrofes de Serbia e Grecia. Existen tamén algúns puntos de fala albanesa esparexidos por Italia (Os Abruzos, Molise, Basilicata, Apulia, Calabria e Sicilia) e Grecia (Voiotía, Ática, Évvoia, Andros e o Peloponeso). A primeira mostra escrita do albanés non se atopa ata o século XV. Sobre as súas orixes non se sabe moito nin tampouco sobre as súas relacións co resto das familias indoeuropeas: a tese tradicional facía descender o albanés do ilirio, antiga lingua falada no norte da actual Albania, outras propostas relacionábano co tracio. Actualmente, considérase como o único membro coñecido dun novo grupo indoeuropeo. O territorio albanés sufriu diversas invasións e pertenceu a distintos imperios (Búlgaro, Bizantino, Serbia, Imperio Otomano, etc) ata que despois da Primeira Guerra Mundial logra a súa independencia e pode converter a súa lingua en oficial. De todas estas épocas quedou unha notable influencia no léxico albanés, que é na súa grande maioría foráneo. O albanés ten dous dialectos principais: o geg ao norte e o tosk ao sur, separados polo río Skumbi e pola fala de transición da zona de Elbasan. No primeiro baseouse a lingua oficial instaurada en 1909 con alfabeto románico, sen embargo, a partir da Segunda Guerra Mundial pasou a ser modelo o segundo dos dialectos.
-
[ARTE]
arte albanesa
-
[LIT]
literatura albanesa
-
[ESPECT]
cine albanés