albatros
albatros
(< ingl albatross)
s
m
[ANIMAL]
Aves mariñas peláxicas dos xéneros Diomedea e Phoebetria que pertencen á familia dos diomedeidos. Caracterízanse por seren as maiores aves acuáticas e desprazarse enormes distancias cun voo planado de escaso consumo enerxético grazas ás súas ás estreitas e moi grandes, cunha envergadura que supera en todas as especies os 2 m e que no caso de D. exulans acada os 3,25 m. Aliméntanse de eufausiáceos, luras e peixes, que capturan na superficie do mar. Existen 13 especies, 9 nos oceános austrais, 3 no pacífico norte e unha tropical. En Galicia tense observado de forma accidental D. melanophris.