Albelda, Batalla de

Albelda, Batalla de

Acontecemento que a historiografía tradicional veu situando no reinado de Ramiro I (842-850), se ben na actualidade semella haber acordo en adxudicalo ao de Ordoño I de Asturias (850-856), que venceu ao muladí Musā ibn Musā (859-860?) no S de Logroño (en Albelda de Iregua). A aparición do apóstolo Santiago e a súa intercesión no acontecemento tería posibilitado a vitoria sobre os musulmáns, para agradecelo instauraríase o voto de Santiago, que vencellará durante séculos a coroa reinante en Galicia co culto xacobeo. A tradición lendaria garda recordo do acontecemento co nome de Batalla de Clavijo.

Palabras veciñas

albel | Albela | Albelda de Iregua | Albelda, Batalla de | Albeldense, Crónica | albelo | albelo -la