Albo, Hijos de Carlos

Albo, Hijos de Carlos

Empresa conserveira fundada en Santoña (Cantabria) no 1867 por Arredondo e Carlos Albo Kay, co nome de Albo, Arredondo e Cía. Comezou como negocio familiar e posteriormente, no 1931, converteuse en sociedade anónima. No 1939, trasladou a súa sede central a Vigo, cambiando o seu nome por Hijos de Carlos Albo; sen embargo, seguiu a manter unha factoría no porto cantábrico. Ademais de Vigo e Santoña, Albo ten fábricas en Celeiro (Viveiro), Candás e Tapia de Casariego (Asturias). Iniciou as súas actividades coa salgadura de anchoas. Xa na década de 1970 comezou a producir pratos precociñados, como callos con garavanzos ou á madrileña, fabada asturiana e mesmo caldo galego. Posteriormente esta oferta ampliouse a paellas, lentellas e outros pratos. Ademais tamén comercializa patés, como o de fígado de porco e o de atún. A planta de Vigo produce fundamentalmente conservas de sardiñas, cefalópodos, mariscos e atún claro; a de Celeiro e Candás enlatan atún branco e atún claro; mentres a fábrica de Tapia de Casariego especializouse na produción pratos precociñados. O seu produto líder é o enlatado e tratamento do atún branco (bonito do Norte).

Palabras veciñas

Albizzi | Albó | albo -ba | Albo, Hijos de Carlos | Albogo | albogue | Alboiada