Álbum Literario

Álbum Literario
[PUBLIC]

Revista semanal bilingüe aparecida o 5 de febreiro de 1888 en Ourense. Subtitulábase “Revista semanal de Literatura, Ciencias y Artes”. Remata a súa publicación en abril de 1893. O seu director e fundador foi Luciano Cid Hermida. Colaboraron nela Manuel Amor Meilán, Heraclio Pérez Placer, Galo Salinas, Martínez Salazar, e Benito Fernández Alonso, entre outros. Os contidos variaban entre a literatura, a política e a cultura popular, xunto con biografías, crítica literaria, estudios lingüísticos, artigos de historia local, monográficos a persoeiros ilustres e ensaios históricos. Tamén destacaban os poemas de Curros Enríquez, García Acuña, Alberto García Ferreiro, Filomena Dato Muruais, Xerardo Álvarez Limeses e algúns outros. Constaba das seguintes seccións: “Crónica Orensana”, para a cultura, “Libros y publicaciones recibidas” e “En serio y en broma”, para o humor. Informaba ademais sobre as actividades da Asociación Regionalista Gallega.