alcalimetría

alcalimetría

(< álcali + metría)

s f [QUÍM]

Parte da volumetría que inclúe os métodos de análise de substancias ácidas por valoración cunha solución dunha base de concentración coñecida. En xeral, as solucións básicas empregadas son bases fortes, en particular os hidróxidos de sodio, de potasio ou de bario. Como no caso da acidimetría, os métodos alcalimétricos fundaméntanse en reaccións de neutralización ou de desprazamento, que se realizan agregando a un volume de solución problema, dende un contagotas, o volume de solución valorante axeitado para alcanzar un valor de pH determinado pola natureza do produto da reacción, o que se pon de manifesto ben por métodos instrumentais, ben polo cambio da cor dun indicador de neutralización adecuado (por exemplo, fenolftaleína ou timolftaleína para os ácidos febles).

Palabras veciñas

alcalescente | álcali | alcalicelulosa | alcalimetría | alcalimétrico -ca | alcalímetro | alcalinidade