alcmeónida
alcmeónida
-
adx
Relativo ou pertencente aos alcmeónidas.
-
s
m pl
Familia aristocrática ateniense orixinaria de Mesenia que se asentou en Atenas despois do sinecismo. Contra o 630, Megacles, membro da familia, fixo matar os implicados na revolta de Cilón e a familia foi expulsada de Atenas, por orde de Solón, para evitar a guerra civil. Dende Esparta, loitaron contra os Pisistrátidas; levaron o exército de Cleómenes a Ática e destronárono. O alcmeónida Clístenes fixo reformas democráticas. Pericles e Alcibíades pertencen a esta familia.