Alcolea, Batalla de
Alcolea, Batalla de
Batalla que tivo lugar o 28 de setembro de 1868 preto de Alcolea (Córdoba). As forzas sublevadas en Cádiz, mandadas por Serrano, derrotaron ao exército de Pavía, avanzando así ata Madrid. Este combate significou a fin do reinado de Isabel II e o triunfo da Revolución de Setembro, chamada A Gloriosa.