Aldrich, síndrome de

Aldrich, síndrome de
[PAT]

Doenza hereditaria recesiva e exclusiva do sexo masculino, caracterizada pola aparición, nos primeiros días de vida, dunha púrpura trombocitopénica; no terceiro mes engádese un eccema e finalmente aparece hipogammaglobulinemia. Chámase tamén síndrome de Wiscott-Aldrich.