aldrina
aldrina
s
m
[QUÍM]
Insecticida agrícola que recibe o nome en honor a Kurt Alder. É un composto organoclorado, estable en presenza de álcalis e compatible coa maior parte de produtos agrícolas e fitosanitarios. Resulta velenoso para o home, por inxestión, inhalación ou absorción pola pel.