aleatorio -ria

aleatorio -ria

(< lat aleatorĭu ‘relativo ó xogo de azar’)

  1. adx

    Que depende dun acontecemento incerto ou dunha continxencia.

    Ex: O feito de que che poida tocar a ti ou a min a viaxe é completamente aleatorio.

    Sinónimos: casual.
  2. adx [DER]

    Dise do contrato no que á prestación segura dunha parte correspóndelle unha prestación incerta doutra (renda vitalicia) ou na cal a incerteza afecta a ambas as dúas partes (a aposta).

  3. [MAT]
    1. adx

      Dise dun acontecemento que non se pode asegurar que se producirá ou que se pode producir de diversas maneiras.

      Ex: Son momentos aleatorios dos que non tes que preocuparte.

    2. variable aleatoria Variable que pode recibir diversos valores numéricos que dependen do azar.

      Ex: O número que sairá ó tirar un dado é unha variable aleatoria.

  4. [MÚS]

    música aleatoria

Palabras veciñas

ale* | alea | aleatoriedade | aleatorio -ria | aleatorización | Alechinsky, Pierre | alecítico -ca