Alembert, criterio de D’

Alembert, criterio de D’
[MAT]

Criterio de converxencia ou diverxencia dunha serie infinita, segundo o cal a serie converxe se, a partir dun certo termo, o valor absoluto do cociente dos termos sucesivos da serie é sempre menor ca un número determinado positivo menor que 1. Se este cociente é sempre maior que 1, a serie diverxe. En calquera outro caso non se pode dicir nada sobre a converxencia ou a diverxencia da serie.