Alén-Mar
Alén-Mar
[PUBLIC]
Revista editada en Bos Aires en xuño de 1961 pola Asociación Argentina de Hijos de Gallegos, que cesou en novembro de 1963, no seu cuarto número. Dirixida por Antonio Pérez Prado, colaboraron nela Perfecto López Romero, R. Palmás Casal, Basilio Losada, Ramón Piñeiro e García-Sabell. Contaba, ademais dun noticiario de actividades culturais, coas seccións: “Fenestra de Alén-Mar”, onde incluía informacións sobre diversos cursos e “Mirador Bibliográfico Gallego”, no que se trataban biografías de escritores galegos.