Alfageme, Bernardo
Bernardo Alfageme Pérez instalou a súa primeira fábrica de enlatado de anchoas en Candás (Asturias) no 1873. Anos despois, en 1915, o seu fillo, Hermenegildo Alfageme Fernández de Luanco, instalou unha nave en Vigo, unha das máis prósperas en canto á industria conserveira e de salgadura de España. No 1931 abriu unha nova fábrica nesta mesma cidade, na avenida de Tomás A. Alonso, en Bouzas, que se convertería na instalación máis moderna da época. Bernardo Alfageme SA é unha das empresas punteiras no mundo das conservas de peixe, marisco e pratos preparados. En Galicia, conta con tres plantas elaboradoras situadas en Vigo, Cambados e O Grove. Está presente con máis de 100 especialidades distintas en todo o mercado nacional coa súa marca Miau, líder do sector en calamares, sardiñas e mexillón grazas a unha coidada selección das materias primas orixinarias das rías galegas, e colíder no mercado da anchoa. Exporta a importantes mercados internacionais.