alfiestra

alfiestra
  1. s f [MAR]

    Dise do ollo prolongado presente nas dornas e noutras embarcacións, situado no extremo posterior á cana de temón, onde entra a parte alta da táboa vertical que guía á nave.

    Ex: Tiveron que reparar a alfiestra da dorna para que saíse a faenar.

  2. s f [TÉXT]

    Furado da agulla por onde se enfía para coser.

    Ex: Para enfiar pola alfiestra tes que ter moita paciencia.

    Sinónimos: fiestra.

Palabras veciñas

Alfergueta | Alfieri, Pietro | Alfieri, Vittorio | alfiestra | Alfiestra | alfil | alfinetada