algodoeiro -ra

algodoeiro -ra

(< algodón)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao algodón.

    Ex: As mellores industrias algodoeiras traballan para esa empresa.

  2. s

    Fabricante e traballador que vendía, batía e enfiaba o algodón; este, a finais do s XVIII, tecíase xunto co liño para obter o fustán.

    Ex: Os teus bisavós traballaron como algodoeiros nunha industria próxima.

  3. s m [PLANTA]

    Planta herbácea ou leñosa do xénero Gossypium, de ata 1,7 m de altura, flores brancas ou amareladas cunha mancha purpúrea, froito en cápsula e sementes das que xorden uns pelos entrelazados e brancos, que constitúen o algodón. Existen unhas 30 especies distintas, propias de países subtropicais, catro delas son extensamente cultivadas para a obtención de algodón, aceites e outras substancias empregadas como ingredientes de pensos e para obter derivados destinados á alimentación humana. Dúas das especies cultivadas son propias de Europa e Asia (G. arboreum e G. herbaceum) e as outras dúas de América (G. hirsutum e G. barbadense).

Palabras veciñas

algo- | Algoa, badía de | algodoal | algodoeiro -ra | algodón | Algodonales | algoestesia