Algonquino

Algonquino
[ESTRATIG]

Unidade do Vendiense (anteriormente Precámbrico) descrita no escudo canadiano e datada entre 800 e 500 M a. O Algonquino está constituído por xistos, cuarcitas, calcarias, ollo de sapo (gneis) e micas. Divídese en dous pisos, o Huroniano (inferior) e o Keweeneano (superior). En Galicia os xistos das series de Ordes e de Vilalba pertencen a esta unidade xeolóxica.

Palabras veciñas

algoloxía | algomanía | algómetro | Algonquino | algonquino -na | algoritmia | algorítmico -ca