alguacil

alguacil

(< ár al-wazīr ‘oministro, visir’)

  1. s m
    1. [ADM]

      Oficial subalterno de xulgados, concellos e outras administracións.

    2. Oficial encargado de facer cumprir a lei da administración de xustiza, no nome do rei ou da constitución.

    3. [DER]

      Oficial inferior da xustiza que executa as ordes do tribunal ao que serve.

    4. [DER/ADM]

      Funcionario municipal inferior executor dos mandatos do concello ou do alcalde.

  2. s m [HIST]
    1. Na Idade Media, Gobernador dunha poboación sarracena.

    2. Cargo da Hispania cristiá aparecido no s XII para designar o xuíz ou Xustiza dunha cidade, aparecendo nalgúns documentos como sinónimo de Alcalde na forma romance galego-portuguesa e castelá aluazil contra o 1075, alguazil no 1115 e aguazil no Cantar de Mio Cid. A súa función vaise configurando como executiva da administración de xustiza. Os Reis Católicos reformulan a súa función definíndoa como auxiliar da do corrixidor, velador da seguridade social, garante da vixilancia e orde pública, prevención, descubrimento e castigo dos delitos e execución dos mandatos xudiciais. Cando Filipe II crea o servizo de millóns chámanse “alguacís maiores” encargados do funcionamento das delegacións fiscais; en Galicia haberaos en Santiago, Lugo, Ourense, Tui, A Coruña e Viveiro. Así mesmo, houbo alguacís maiores da Real Audiencia do Reino de Galicia, das Xuntas do Reino de Galicia, da Inquisición, da Santa Cruzada e do Arcebispado de Santiago de Compostela. En moitas ocasións consistiu nun cargo de nomeamento honorífico, polo que ficou vencellado ás casas nobres galegas de máis relevancia. A insignia da institución era unha vara.

Refráns

  • Alguacil descoidado, rapiñeiros ao mercado.
  • O alguacil e o escribán arrapañan canto lles dan.

Palabras veciñas

algoso -sa | algrafía | Algren, Nelson | alguacil | Alguaire | Alguazas | algueirada