Alhambra
Conxunto monumental situado a carón de Granada, pero independente da cidade, á cal dominaba. Foi levantada polos reis nazarís para a súa residencia. Case todo o que se conserva corresponde aos reinados de Yūsūf I (1333-1353) e Mu ḥ ammad V (1353-1391). Abrangue tres partes: a fortaleza militar, o palacio e a poboación. O sector de máis interese corresponde ao palacio, constituído por tres partes independentes: a do Mexuar, a de Comadres e a dos Leóns. O Patio de Comadres responde ao modelo clásico Al-Andalus, e o Patio dos Leóns, que combina o xardín, a auga e a arquitectura, acadando mestría no aproveitamento de materiais pobres en estruturas sinxelas. Azulexos cerámicos, xeserías policromadas e outros adornos, son o maior encanto do Salón dos Embaixadores, das salas de Abencerraigos e das Torres da Cativa. Despois da conquista cristiá, a Alhambra foi modificada para incluír o gran palacio de Carlos I, obra sobranceira do renacemento hispánico.