Alí Babá
Alí Babá
[LIT]
Protagonista dun conto das Mil e unha noites, titulado “Alí Babá e os corenta ladróns”, que non obstante non aparece en todas as edicións antigas. Alí Babá descobre casualmente que, pronunciando as palabras máxicas “ábrete Sésamo”, ábrese a porta dunha cova que garda o botín de corenta ladróns. Descuberto polos ladróns, quedará libre grazas á axuda dunha escrava.