‘Alī ibn Mu āhid

‘Alī ibn Mu āhid

Rei de Dénia (1044-1076). Sucedeu ao seu pai Mu ǧ āhid ibn ‘Abd Allāh no goberno independente daquel territorio. Asinou un convenio (1058) co Bispo de Barcelona e comprometeuse a protexer os súbditos cristiáns de Dénia e das Balears a cambio do recoñecemento da súa soberanía. Casou cunha princesa de Zaragoza, pero o seu matrimonio non foi obstáculo para que A ḥ mad I al-Muqtadir, Rei de Zaragoza, fixera prisioneiro a ‘Ali e se apoderara do seu reino. ‘Abd Allāh al-Murta ḋ ā, Gobernador das Balears, acolleu a familia do Rei destronado e declarouse independente.