Alianza Evanxélica Mundial
Alianza Evanxélica Mundial
Denominación actual da Alianza Evanxélica, fundada en Londres no ano 1846 por membros de máis de cincuenta Igrexas protestantes pertencentes a distintos países. A finalidade fundacional era opoñerse á corrente favorable ao papado e á obra de Pusey. Na actualidade mantén vixente o obxectivo de soster e promover a reforma relixiosa e afirmar a unidade esencial da Igrexa de Deus.