alimentador -ra
(
-
adx
Que alimenta.
Ex: O sistema alimentador de enerxía non funcionou correctamente.
-
[FÍS]
-
s
m
Aparello ou sistema que fornece a enerxía que cómpre para o funcionamento dos dispositivos electrónicos nas diferentes tensións nas que traballa cada circuíto. Nun aparello previsto para a corrente alterna, está formado polo transformador, o rectificador e o filtro.
-
alimentador estabilizado Alimentador provisto dun estabilizador capaz de fornecer a tensión ou a intensidade cun valor constante.
-
alimentador universal Alimentador capaz de funcionar indistintamente con corrente alterna ou continua.
-
s
m
-
s
m
[CONSTR]
Canle que verte as augas cara a un depósito.
-
s
m
[MAR]
Depósito que comunica cun compartimento (adega ou cuberta), cando este compartimento debe conter gran en abundancia. Ten como obxecto engadirlle gran a medida que este se comprime. A súa importancia deriva do feito de que se un compartimento non está totalmente cheo de gran, pode perder estabilidade o barco. Obrigatorio segundo o Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar, debe ter unha capacidade comprendida entre o 2,5% e o 8% do compartimento por riba do que está situada.
-
[TECNOL]
-
s
m
Dispositivo utilizado para introducir unha substancia, en réxime continuo ou intermitente, nun aparello industrial onde ten lugar unha operación ou un proceso. Cando se trata de líquidos, o sistema pode ser un sinxelo recipiente provisto dun sumidoiro ou doutro dispositivo de nivel constante. Para a alimentación de sólidos ou pastas, é moi frecuente o uso dun parafuso de Arquímides, o cal permite unha dosificación gradual e continua. Para os produtos pulverulentos empréganse depósitos en forma de embude e planos inclinados. Tamén se denomina alimentador ao conxunto de mecanismos empregados para transportar a alimentación: cadeas sen fin, cintas transportadoras, elevadores e conducións, entre outros.
-
alimentador automático Alimentador que, conectado mediante un dispositivo axeitado á máquina alimentada, é detido ou posto en marcha segundo as necesidades de fornecemento da máquina.
-
s
m
-
[TÉXT]
alimentador de fío
-
[AGR]
alimentador de concentrados
-
alimentador de papel Aparello que lle subministra papel ás máquinas fotocopiadoras, impresoras ou similares.
-
[TECNOL]
alimentador mecánico